Visita Museo

PREGUNTAS FRECUENTES

¿CÓMO PODO SOLICITAR A VISITA PARA GRUPOS

Debe solicitar a visita de grupos cumprindo o formulario que aparece na web.

¿PODO TER CONFIRMACIÓN DA VISITA TRAS A MIÑA SOLICITUDE?

A Fundación remitiralle a confirmación no prazo de dez días. Se non recibe confirmación nese prazo pregámoslle contacte telefonicamente connosco no n.º de teléfono 619 766 104.

¿CAL É O NÚMERO MÁXIMO DE PERSOAS POR GRUPO?

O número máximo de persoas por cada grupo será de 40 e obrigatoriamente deberán estar acompañados por dúas persoas adultas no caso de ser estudantes. Non se atenderán grupos cuxa petición de visita non fose confirmada previamente pola Fundación.


¿Cuál es el coste de la visita?


Entrada xeral 5€
Entrada pensionistas, estudantes e oferta educativa 2€
Entrada grupos concertados 3€

 

Os prezos increméntanse con 1.50 € por persoa se a visita de grupo, a partir dun mínimo de 25 persoas, é asistida por un dos nosos guías.

¿CAL É FORMA DE PAGAMENTO?

A visita será aboada directamente en recepción. Se necesita factura debe indicalo na súa solicitude de visita no apartado observacións.

Non se admite o pagamento con tarxetas de crédito.

¿PODEMOS DISPOÑER DUN GUÍA DA FUNDACIÓN?

Si, pódese concertar previamente servizo de guía cun custo adicional de 1,5 € por persoa a partir dun mínimo de 25 persoas e máximo de 40.

¿PODEMOS DISPOÑER DE AUDIOGUÍAS?

Non dispoñibles ata novo aviso.

¿CAL É DURACIÓN DA VISITA?

A duración da visita media é de 60 minutos, aínda que dependerá da extensión que o profesor ou responsable do grupo desexa facer.

¿CAL É O CONTIDO DA VISITA?

Á chegada do grupo visualízase un documental sobre a obra do autor, cunha duración de xx minutos. Posteriormente iníciase o percorrido exterior para visitar a exposición permanente. Tras o percorrido visítase a tenda da Fundación e finaliza a visita.

¿CALES SON AS NORMAS DE ACCESO?

O responsable do grupo deberá coñecer as seguintes normas de acceso ao museo:

Admisión de grupos

Co obxecto de facilitar o acceso ao Museo aos visitantes que veñen en grupo, evitando molestas colas, a Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea recoméndalle que só o responsable do grupo acceda á recepción do museo para comprar conxuntamente as entradas.

As obras de arte e pezas expostas poden danarse ou deteriorarse. Por iso, debemos pedirlle que non as toque.

Estudantes

Se visita o Museo acompañado de estudantes, procure que estean sempre xunto a vostede. Axúdenos explicándolles a importancia de non tocar os obxectos. Non deixe que corriquen polas salas ou o recinto xa que poderían molestar a outros visitantes. Está totalmente prohibido fumar nas instalacións, consumir alimentos e bebidas.

Fotos e Vídeo

Non está permitido tomar imaxes no interior do museo.

Animais

Non está permitida a entrada de animais, salvo cans-guía.

 

Sponsors FEADER