Fundación

PADROADO

A Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea foi creada en 2010 polo artista Manolo Paz para promover o estudo e o coñecemento da arte moderna e contemporánea.

A Fundación ten como obxectivos fundacionais:

  1. O estudo, conservación e difusión da obra do escultor Manolo Paz, no contexto de universalidade que caracteriza a súa contribución ao patrimonio cultural galego.
  2. A creación, posta en marcha e mantemento do Museo Manolo Paz Arte Contemporánea.
  3. A promoción e difusión da arte contemporánea en xeral por todos os medios coñecidos, tanto a través de edicións en soporte papel informático ou internet así como a través de calquera outros medios e soportes audiovisuais e informáticos.
  4. A organización de Exposicións permanentes, temporais e itinerantes, Congresos, Simposios, Cursos, Seminarios e Xornadas sobre arte contemporánea.
  5. A conservación, estudo, posta a disposición dos investigadores e difusión dos fondos culturais, bibliográficos, artísticos, documentais, etc... que constitúan en cada momento o patrimonio da Fundación.
  6. Calquera outras actividades que teñan relación cos fins e obxectivos anteriormente mencionados.
Sponsors FEADER