Fundación

Alumnos en Prácticas

Estas teñen por obxectivo permitir aos alumnos de calquera centro educativo europeo a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos e facilitar a súa incorporación laboral, cun carácter formativo.

Tipos de prácticas

As prácticas pódense realizar nos departamentos de Secretaría, Administración, Biblioteca e Arquivo dependendo da propia elección do alumno e dos estudos que estea a realizar.

Requisitos

Toda práctica na Fundación deberá cumprir cos seguintes requisitos:

  • Que teña unha duración mínima de dúas semanas e máxima de tres meses. Excepcionalmente en casos xustificados poderase prorrogar ata seis meses.
  • Que estea tutelada pola Directora da Fundación ou o profesor que dirixa as devanditas prácticas.
  • Que os riscos de accidente queden cubertos, xa sexa polo Seguro Escolar ou por outro seguro de accidentes.
  • Que as prácticas non teñan ningún tipo de remuneración. En calquera caso, a petición do interesado estudaríase por parte da fundación cubrir os gastos de aloxamento.

O ALUMNO EN PRÁCTICAS COMPROMÉTESE A:

  • Á firma da aceptación da práctica solicitada, presentar a seguinte documentación: Fotocopias do D.N.I., do expediente académico, currículo vitae e copia do seguro de accidentes contratado.
  • Cumprir coas actividades asignadas pola entidade, de acordo coas liñas de traballo establecidas pola fundación, e gardar a confidencialidade en relación coa información interna da entidade.

SUPERACIÓN DAS PRÁCTICAS

  • Ao finalizar as prácticas o alumno recibirá o Informe de Avaliación de Prácticas e o certificado correspondente no caso de que esta sexa favorable.

FORMULARIO DE SOLICITUDE

DATOS DO ALUMNO QUE SOLICITA AS PRÁCTICAS:
*
*
*
*
*


*
*
DATOS DO CENTRO E TITOR RESPONSABLE:
*
*






DATOS SOBRE AS PRÁCTICAS:

*
*
*
*: Acepto los Terminos y Condiciones
Sponsors FEADER